domingo, 30 de enero de 2022

LANZAMENTOS

 

E continuamos lanzando, agora incorporamos pelotas. 

Recordade que seguimos traballando a  LATERALIDADE.


Lanzaremos a  pelota varias veces con cada man, e depois co pé. 


Despois volveremos a lanzar outros materiais como discos voladores, xabelinas...                    

 Na casa podedes usar calquera material do que dispoñades: pelotas, peluches, calcetíns, paus...así tamén variades o agarre e a prensión da man.

  

MOVERSE É APRENDER!!

miércoles, 19 de enero de 2022

LANZAMENTOS

Aquí estamos de volta con outra proposta: seguimos traballando o esquema corporal, que é unha constante nestas sesións, e ao mesmo tempo incideremos na LATERALIDADE.

Empezamos!!

Lanzaremos o obxecto unhas 3 veces con cada man: 

                     

Nós estamos usando discos voadores e pequenas xabelinas. Na casa podedes usar calquera material do que dispoñades: pelotas, peluches, calcetíns, paus...así tamén variades o agarre e a prensión da man.

 

                                    

Deixamos que elixan a man que queren usar primeiro, logo hai que lanzar coa outra. 

 

 

MOVERSE É APRENDER!!

jueves, 13 de enero de 2022

CIRCUITO PSICOMOTRIZ

XANEIRO 2022

Para iniciar este trimestre a proposta é a seguinte:


Trátase de un circuito no que traballamos diferentes habilidades motrices: equilibrio, salto, reptado, esquema corporal, percepción espacial...na que usamos material específico de psicomotricidade (hai que substituílo con cousas que teñades por casa). Fágovos unha proposta en cada un por se pode axudar, vai entre paréntese.

1. Empezamos polas "illas de equilibrio"(libros, pedras,...): pasar cun pé diferente por riba de cada unha.


 

 

 

 

 

 

2. Atravesamos o "túnel"(sillas do comedor): meterse por dentro arrastrándose.


 

3. Pasamos a "ponte" do revés (caixa cartón, alfombra enroscada, coxín...): saltamos a ponte cun pé e despois o outro.

4. Pasamos o banco (sillas): subimos e percorremos o banco caminado, no final baixamos dando un salto a pés xuntos.

5. Pasamos a "ponte"(sillas por debaixo): arrastrámonos por debaixo sen tocala.

6. Aros (podedes pintar círculos con tiza no chan): pasamos saltando a pés xuntos.


7. E rematamos rodando por riba do "cilindro"(pelota): apoiamos os xeonllos na colchoneta, a barriga no cilindro e a rodar con axuda das mans.






 

Espero que practiquedes moito...xogar e moverse é aprender!!💓